O PP denuncia o estado das Torres de Oeste: da campá roubada da igrexa ao lixo nos camiños

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

MARTINA MISER

Lamentan que o goberno faga investimentos "que non son prioritarias", como a do CACTO en lugar de atender ao recinto histórico

15 ene 2019 . Actualizado ás 13:57 h.

O PP de Catoira alzou a voz para acusar o goberno do socialista Alberto García de "malgastar os cartos dos veciños en obras que non son prioritarias en lugar de atender aos asuntos realmente importantes". E cita, como exemplo, "o vergoñento estado no que se atopan as Torres do Oeste, o noso principal monumento". Os populares realizan esta valoración tras coñecer o investimento de 460.000 euros que se está realizando no Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO), un edificio que, lembran, "tivo un custe de dous millóns de euros e que leva pechado dende que foi entregado. Máis de cinco anos sen uso e sen mantemento".

Os populares aseguran non entender "que os socialistas sigan a pedir cartos para investimentos que non son prioritarios neste intre, como a réplica dun barco vikingo de poliéster que acompaña ao museo, en lugar de subsanar o lamentable estado das Torres". E é que nese recinto, din, "non hai luz, a herba medra sen control, hai postes tirados e lixo  en lugares onde deberían haber contenedores". Ademais, "a igrexa segue sen campá debido a un roubo, o pararraios está no chan e nos paseos, sen limpar, acumúlanse botellas ou bolsas". Así que, concluyen, "non é estrano que cada vez veña menos xente a Catoira".