Catoira propón que os concellos xestionen directamente o chan dos seus polígonos industriais

Rosa Estévez
Rosa Estévez CATOIRA

CATOIRA

Martina Miser

Alberto García cre que os prezos e a burocracia de Sociedade Empresarial do Atlántico lastran a parques como o de Abalo

11 ene 2019 . Actualizado ás 14:01 h.

«Polo Concello pasa unha che de xente a preguntar polas parcelas do polígono, pero ese interese non se acaba de concretar». Alberto García, o alcalde socialista de Catoira, ten claro por que o chan industrial de Abalo segue baleiro. «É evidente que hai, por un lado, un problema de prezos. É polo outro, unha excesiva burocracia», sinala o rexedor socialista, que expón tamén unha solución para arranxar este asunto. «Sería interesante que se chegara a un acordo entre SEA e os Concellos para que estés bien ponderan adquirir parcelas para xestionar despois a súa venta», di García.

O alcalde fixo estas declaracións no transcurso dunha visita ao polígono de Catoira, onde se realizaron traballos de mellora da sinalización viaria e de seguridade viaria con cargo a unha liña de axudas da Xunta. Alí estaba tamén o delegado provincial, Cores Tourís, quen lembrou que esas subvencións volveron a ser convocadas einvitó aos municipios a solicitalas.