Camisas brancas e cancións contra a violencia

La Voz

CAMBADOS

Mónica Irago

Os centros de Cambados celebraron o día escolar da paz

31 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O alumnado do colexio San Tomei, en Cambados, quixo saír onte á rúa para celebrar con veciños e veciñas da localidade o día escolar da non violencia e a paz. Para iso, reuníronse na praza do Concello, onde entoaron varias cancións baixo a atenta mirada de quen ata alí se achegaron para escoitalos. Tamén os alumnos do Asorey saíron á rúa, neste caso déronse cita na praza de Fefiñáns para despregar os bailes que ensaiaran. O alcalde de Cambados, Samuel Lago (PSOE) non quixo perderse os actos pola paz organizados polos centros educativos do municipio. foto mónica irago