En xullo tampouco foi posible; Cambados non logra acabar os plenos á súa hora

B. C. CAMBADOS

CAMBADOS

A sesión interrompeuse ás doce da noite coa metade dos asuntos da orde do día sen votar

23 jul 2021 . Actualizado ás 19:38 h.

Incluso os concelleiros perderon a conta. A corporación de Cambados leva meses sen acabar un pleno á súa hora (doce da noite) porque os debates se alongan e non dá tempo a completar a orde do día. No ordinario de xullo, que se celebrou onte xoves de forma telemática, só chegaron ao ecuador, votando sete dos trece asuntos pendentes. Aprobouse a Conta Xeral do 2021 e outros puntos de índole económica. As mocións da oposición deberán agardar a mellor ocasión. Cambados Pode xa solicitou formalmente que os plenos ordinarios pasen a ter unha periodicidade mensual; actualmente celébranse cada dous meses.