A Aldea de Nadal cobra forma e suscita gran expectación

La Voz

CAMBADOS

Martina Miser

A instalación, que está situada na praza de Fefiñáns, abrirá o 27 de novembro

18 novs 2020 . Actualizado ás 09:05 h.

A Aldea de Nadal de Cambados aínda abrirá o 27 de novembro, pero a súa montaxe xa está a xerar unha gran expectación, especialmente entre as familias con nenos, que se achegan polas tardes á praza de Fefiñáns para ver este escenario de conto. As casiñas en miniatura e as árbores xa están no seu sitio e onte estábase cos traballos da instalación eléctrica e de subministración de auga. A Aldea de Nadal terá o seu propio estanque e iluminación e non faltarán detalles como unha capela e unha réplica da Torre de Sadurniño. foto martina miser