Para relaxarse con ioga e mindfulness en tempos de convulsos

a Voz CAMBADOS

CAMBADOS

MARTINA MISER

O cambadés José Chaves retoma as clases virtuais

22 sep 2020 . Actualizado ás 11:13 h.

Se algo fai falta nestes tempos de inquedanza e angustias motivadas polo coronavirus é a calma e a relaxación. O cambadés José Chaves Charlín ofrece a oportunidade de practicar as modalidades de mindfulness, ioga e yogafulness a través da plataforma jitsi.org. Os interesados poden realizar as reservas a través do teléfono 648 487 993 e o correo eléctrónico josechavescharlin\hotmail.com