Cambados acomoda o espazo que ocupará o novo mercado

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

Os postos volverán verse na vila do Albariño este mércores

26 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Cambados traballa no plan de reactivación da economía local, en diálogo cos sectores implicados. O goberno municipal lembra, neste sentido, que se acometeron toda unha serie de actuacións, como a humanización de diferentes espazos, a fin de incrementar o valor e a dinamización do centro histórico. Todo iso, guiado polas normas de seguridade e os protocolos sanitarios de prevención do coronavirus.

Un dos pasos fundamentais desta secuencia chegará mañá, coa reactivación do clásico mercado. Un mercado súa superficie amplíase e modifica, xa que os postos se redistribuirán entre o paseo marítimo e a Rúa Nova para facilitar o mantemento das distancias de seguridade. Esta medida traerá, mentres dure esta situación, limitacións de circulación e estacionamento nas áreas afectadas, que non influirán nos accesos aos garaxes da zona.