Protección Civil retira unha culebra de metro e medio en Cambados

La Voz

CAMBADOS

O réptil foi atopado diante da porta dunha vivenda en Castrelo

24 may 2020 . Actualizado ás 21:06 h.

Efectivos de Protección Civil de Cambados atenderon o pasado sábado unha chamada da Policía Local informando de que había unha culebra na entrada dunha vivenda na avenida de Castrelo. O animal, de metro e medio de longo, estaba moi nervioso, pero os voluntarios puideron collelo e depositalo nun monte próximo.