Actividades no IES Asorey na semana da Igualdade

La Voz

CAMBADOS

Cedida

Syra Ríos falará hoxe sobre como axudar a unha vítima de violencia de xénero

04 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O IES Asorey está a celebrar a primeira semana da Igualdade. As actividades comezaron coa creación dun mural da Igualdade nunha das paredes da fachada do IES. Diversos cursos de maneira escalonada, colaboraron en ir dándolle forma e colorido a esta obra. Foi dirixida e coordinada polo artista e profesor Gerardo Rodríguez «Chere». Onte, Cristina Palacios, presidenta da Asociación Arelas, ofreceu unhas charlas e proxeccións referidas a escolas sen armarios, transformando a educación e avogando pola integración.

Hoxe será Syra Ríos, avogada do ICA Vigo, quen falará sobre como axudar a unha vítima de violencia de xénero, e mañá será a quenda de Mónica Santís, que desenvolverá o obradoiro Conecta.