Contra o cambio climático en Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Monica Irago

Unha marcha percorreu o paseo marítimo do pobo pedindo políticas respectuosas co medio ambiente

15 oct 2019 . Actualizado ás 10:04 h.

Unha trintena de persoas deuse cita este sábado pola mañá en Cambados para participar nunha marcha contra o cambio climático convocada polo colectivo A Naiciña. Os convocantes redactaron un manifesto no que abordan o problema desde unha perspectiva global, pero tamén desde a óptica local, pedindo aos concellos políticas respectuosas co medio ambiente. «Ante o estado de crise climática que tantos gobernantes non queren ver queremos apoiar á xuventude que reclama o dereito a herdar un planeta habitable». A marcha transcorreu de Fefiñáns a San Tomei e rematou con actos lúdicos e deportivos.