O PP pide ao bipartito que limpe e amplíe o areal fronte á casa do mar

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Cambados, Luis Aragunde, reclamou onte publicamente ao goberno local bipartito «que se limpe a praia que se creou a carón da casa do mar, e ademais, que en consenso coa Confraría de Pescadores e coas mariscadoras, se amplíe a area e se rexenere a zona, aumentando a praia».

A idea, defende o exregidor, «pode supoñer unha actuación importante de cara ao vindeiro verán, para os cambadeses, e para os turistas», en liña coa que no seu día se fixo con el como alcalde diante da escalianta de San Tomei. Un areal que, sostén, «cambiou o aspeco da nosa fachada litoral».

En todo caso, Luis Aragunde resalta que a actuación solicitada ao goberno local deberá deseñarse sempre de acordo cos intereses dos traballadores do mar afectados.