Os Xóves de Códax, máxicos aínda que sexa a cuberto

La Voz

CAMBADOS

Mónica Irago

Salvador Sobral emocionou onte en Cambados

09 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O cantautor portugués e gañador de Eurovisión 2018, Salvador Sobral, actuou onte na adega Martín Códax. A choiva impediu que fose na terraza, pero aínda así, o concerto foi un éxito rotundo. Nel, Sobral estaba acompañado polo pianista Abe Rábade, nunha xornada emotiva na que os asistentes puideron gozar dunha velada de jazz e bo viño.