O Juventud, premiado como club referente do fútbol base galego

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Cedida

A entidade recollerá o galardón o día 21 na Cidade da Cultura

14 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club Juventud Cambados compartía na mañá de onte cos seus socios e demais simpatizantes a carta coa que a Real Federación Galega de Fútbol lle comunicaba a súa distinción como «Club referente no fútbol base de Galicia» na tempada que concluirá co remate deste mes. Un recoñecemento «polo traballo de promoción do fútbol base levado na Delegación da RFGF en Pontevedra, e que lle permite ser unha referencia en todo o fútbol da nosa comunidade», explícase na misiva. O Juventud recibirá o premio na Gala do Fútbol Galego 2019, o 21 de xuño na Cidade da Cultura.