Un erro provoca que o PSOE reparta papeletas da Cañiza en Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

O partido pide aos seus votantes que comproben se o voto que van depositar na urna é o correcto

23 may 2019 . Actualizado ás 17:51 h.

O problema non é exclusivo de Vigo. Alí, o PSOE alerta de que, por erro, na repartición de propaganda electoral que o partido está a facer polas casas polo sistema do buzoneo coáronse papeletas da candidatura das Neves no canto de as da lista de Abel Caballero. En Cambados, en concreto na avenida de Galicia, tamén se detectou un problema similar, no seu caso con papeletas correspondentes á lista da Cañiza no canto da que encabeza Fátima Abal. Desde o PSOE advirten de que, no caso de que os electores depositen estas papeletas en urna o vindeiro domingo serían contabilizadas como votos nulos e diríxense aos seus votantes para que comproben que a papeleta é a correcta.