Á carreira en Cambados e Valga

B. C. VALGA

CAMBADOS

CEDIDA

Deporte e cultura danse a man en ambas as iniciativas escolares

16 may 2019 . Actualizado ás 16:27 h.

Estudantes de Cambados  e Valga lanzáronse a correr este xoves polas rúas dos seus respectivos concellos en senllas carreiras escolares. O Memorial Alejandro G. Fariña, en Cambados, estaba previsto que reunise a medio centenar de alumnos dos institutos Francisco Asorey e Ramón Cabanillas. En Valga a Carreira pola Lingua arrincou cun acto en homenaxe a Antón Fraguas e proseguiu despois polas rúas do pobo. Ademais do alumnado do instituto participaron mozos de quinto e sexto de Primaria dos colexios de Baño e Ferro Couselo.