Os alumnos de Castrelo visitaron La Voz

CAMBADOS

MARTINA MISER

As clases de terceiro e cuarto mostraron gran interese á hora de coñecer como se elabora unha noticia

21 mares 2019 . Actualizado ás 09:28 h.

O colexio de Castrelo (Cambados) está envorcado na Semana da Prensa e dentro das actividades que está a desenvolver neste ámbito, onte visitaron a redacción de La Voz de Galicia en Arousa. Trinta e oito alumnos de terceiro e cuarto e tres profesoras tiveron oportunidade de coñecer as instalacións de Vilagarcía e asistir á redacción dunha noticia en tempo real, da que eles foron os protagonistas.

Esta experiencia serviralles para continuar traballando este tipo de contidos en clase, mediante a elaboración dunha noticia para o xornal do propio centro «Outra vaca non millo» e analizando, por exemplo, o papel da muller nos medios de comunicación, a propósito da recente conmemoración do Día da muller traballadora.

Os alumnos de Castrelo mostráronse encantados con esta actividade, que lles permitiu deixar a aula durante unhas horas e coñecer un pouco máis sobre a realidade dun xornal.