Actuarán o sábado e o domingo, ás oito da tarde, en ambos os auditorios
16 feb 2019 . Actualizado ás 10:19 h.Foi tal o éxito da estrea de «Vodas de sangue» en Cambados, o mes pasado, que Teatro non Garaxe decidiu repetir. Os actores volverán subirse ao escenario do auditorio da Xuventude este sábado, a partir das oito da tarde. O domingo, á mesma hora, actuarán no auditorio de Catoira, tamén, con entrada gratuíta.
Primeiro foi «A Casa de Bernarda Alba», despois «Erma» e agora atrévense con «Vodas de sangue». Teatro non Garaxe completa así a triloxía máis famosa de García Lorca, baixo a dirección de Rosa Fiel e coa colaboración de vinte e un actores que dan vida aos personaxes da traxedia ambientada en Andalucía. Os protagonistas correrán a cargo de Araceli Bugallo, Laura Daporta, Tino Gómez, Manuel Piñeiro e Fernando Piñeiro. Os secundarios, explica a directora, cobran un papel moi importante nesta función, pois así entende ela que o quixo tamén o autor. «Lorca falaba moito a través dous secundarios. As reflexións máis grandes saen dous secundarios, como a lúa, vos leñadores e a esmoleira», sinala.
A función dura hora e cuarto, é en castelán e respecta case ao máximo o texto orixinal, o cal non impide que se incorporaron escenas con baile e cancións en directo coas que a directora introduce unha bis cómica nunha obra cunha gran carga dramática.