A banda larga dá Internet só chega á metade dá poboación dá comarca

Cambados LA VOZ

CAMBADOS

ALBERTO LÓPEZ

Trinta e sete núcleos de Cambados beneficiaranse dá instalación de fibra óptica de máis de cen megas

24 ene 2019 . Actualizado ás 16:25 h.

Segundo os datos facilitados polo Ministerio de Economía e Empresa a través da Secretaria de Estado para o Avance Dixital, dos 109.937 habitantes da comarca do Salnés, só 48.424 dispoñen dunha conexión superior ao 50 % de, polo menos, cen megas de conexión, que se corresponden cos núcleos urbanos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Portonovo, Vilanova e Vilagarcía, incluidos os de Carril, Vilaxoán, Sobradelo e Trabanca Sardiñeira. Pola contra, o resto de concellos da comarca, segundo as mesmas fontes, teñen unha cobertura menor, consideradas como zonas brancas, que son aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de banda ancha de nova xeración, nin previsións para a súa dotación por algún operador no prazo de tres anos, en base a plans de inversión cribles, así por exemplo, só dispoñen dunha rede garantida superior a 30 megas de conexión os núcleos urbanos de Meis, Meaño, Ribadumia ou a Illa de Arousa

Estes datos dounos a coñecer hoxe o concelleiro de Industria de Cambados, Xurxo Charlín, a conta das melloras que vai recibir este municipio no que atinxe ao servizo de conexión a Internet grazas aos plans que promoven as administracións central e autonómica.

Vanse instalar redes de fibra óptica de máis de cen megas das cales beneficiaranse trinta e sete núcleos do municipio: O Adro, Baltar, A Barca, Lourido, Quintáns, A Revolta, Cortiñas de Abaixo, Refoxos, A Bouciña, San Antón, Xesteira, A Pedreira, A Bouza, Couto de Arriba, O Facho, Xesteira, A Cabana, As Laxes, O Ribeiro, O Río da Ucha, Tragove, Bouza do Rei, Cacabelos, Covas de Lobos, O Cruceiro, A Modia, Sameiro, O Sineiro, Serantellos, Couto de Abaixo, A Seca, A Veiga, Bouza de PAdrón, Campo da Vila, Cereixeira, A Laza, e As Quintáns.

«Desta maneira as empresas do rural das parroquias de Cambados, súmanse as do polígono de Sete Pías, que van poder dispoñer dunha conexión de datos tamén de alta velocidade, con ata 350 megas de conexión, que multiplica por cen a existente hai uns anos no polígono e na meirande parte dos núcleos rurais de Cambados», subliña o concelleiro de Industria, Xurxo Charlín. Segundo os seus datos, máis da metade dos veciños e empresas do Salnés non dispón de acceso a Internet de alta velocidade», subliña o concelleiro.