«Poxas» na Modia a pesar da choiva

Cambados LA VOZ

CAMBADOS

Mónica Irago

Na poxa non faltaron as patas de porco nin animais vivos

19 ene 2019 . Actualizado ás 14:32 h.

A choiva está augando a festa, pero na Modia (Cambados) non deixaron de celebrar unha das tradicións de San Antón: a poxa de «pezuños» e de animais vivos. Este medidodía puidéronse ver no atrio da igrexa galiñas, un cordeiro e ata un porco. Para a noite está prevista verbena e repartición de queimada e chocolate con rosca.