Novo revés á futura praza de abastos de Cambados por problemas con Portos

Bea Costa
Bea Costa CAMBADOS

CAMBADOS

monica ferreiros

O plan especial que regula os usos do terreo sofre outro paso atrás na tramitación

19 ene 2019 . Actualizado ás 16:59 h.

En concelleiro de Economía e Comercio de Cambados, Xurxo Charlín, non daba crédito cando leu o último documento remitido desde a Xunta en relación á tramitación do plan especial do porto, un documento que é imprescindible para poder construír a nova praza de abastos. A comunicación sinala que hai que realizar unha serie de emendas ao plan redactado no seu día por Portos de Galicia porque se detectaron varias deficiencias de índole técnico, que haberá que corrixir e que, en consecuencia, volverán atrasar a redacción do controvertido documento.

E se atrásase o plan especial demórase, tamén, a obra, o cal supón unha mala noticia para Cambados. Charlín non dubida de que se trata dunha nova manobra da Administración autonómica para dilatar os prazos dunha infraestrutura «moi importante para o desenvolvemento municipal». «Nos atopamos cun ente dirixido polo PP que leva catro anos retrasando as obras. O que queda claro é que, se non fora pola insistencia e tesón do actual goberno municipal, o proxecto da nova praza da abastos estaría xa totalmente abandonado hai anos por tantas trabas administrativas que se están a dar».

O concelleiro de Somos cre que os últimos acontecementos «deixan en evidencia as recentes declaracións realizadas polo portavoz do grupo da oposición [Luis Aragunde]» e fai fincapé en que é a propia Xunta, a través da dirección xeral de Ordenación do Territorio, a que lle emenda a plana a Portos. Os erros refírense a que o plan non relaciona o ámbito a ordenar co dominio público terrestre nin coa súa zona de servidume de protección e que na Delimitación dúas Espazos e Usos Portuarios (DEUP) non se incluíron os terreos do paseo marítimo que foron regularizados no 2015, segundo informa o concelleiro. «Agora atopámonos cun novo problema, xa que neste informe se lle require a Portos de Galicia que modifique, ademais do plan especial, a DEUP, documento que Portos fixo en 2014, para que se inclúan os terreos que se regularizaron a favor da titularidade do ente autonómico en 2015, mediante a acta de regularización destes terreos, que, curiosamente, foi asinada o luns seguinte da entrada do novo equipo de goberno municipal en Cambados, o 15 de xuño de 2015».

En definitiva, o plan especial deberá regresar aos despachos de Portos de Galicia para ser corrixido e, a partir de aí, o Concello deberá volver dirixirse a varios departamentos ?Ordenación do Territorio, Patrimonio, Instituto de Estudos do Territorio e Costas do Estado? para solicitar os preceptivos informes sectoriais que incorporar á tramitación. Con elas na man será cando o goberno local poderá presea pleno para a súa aprobación inicial e, a partir de aí, aínda quedaría por diante unha exposición pública e informe de posibles alegacións, antes de ser aprobado definitivamente.Ata entón, e pasarán meses, a obra da praza de abastos seguirá sendo só un proxecto.

En relación a este asunto, pronunciouse o portavoz do PP, Luis Aragunde, quen achaca estes atrasos á falta de xestión do cuadripartito. «Si, hai que estar amais das tramitacions, pedir reunións, facerlle o seguimento a cada cousa, estar colgado horas teléfono.... En definitiva, hai que traballar», indicou.

A pesar de que é Charlín quen está a exercer de portavoz neste asunto, o PP considera que a quen corresponde pedir contas é á alcaldesa, Fátima Abal, á que acusa de non dar a cara. «Cantos minutos lle dedicou en catro anos? A que agarda, a que un día un problema de saúde publica peche a praza?», pregunta Aragunde. «A nova praza de abastos de Cambados é unha cousa demasiado sería como para deixala en mans de Xurxo Charlín», concluye el popular.