Motos, música e gastronomía en Cambados a favor de GaliciAME

As actividades arrincarán cunha ruta moteira, ás 11.30 horas, desde Fefiñáns


Cambados

Hoxe • Todo o • día Cambados • O club moteiro Vos huevóns ruteiros organizou unha xornada solidaria en Cambados en favor da asociación GaliciAME que encherá de actividades a praza de Alfredo Brañas. A primeira cita do día é ás 11.30 horas en Fefiñáns, de onde sairá unha ruta por todo o pobo para terminar unha hora despois na praza Alfredo Brañas. Manuel de Andrade e Willy Rivas darán o pregón, o neno Yael#7 ofrecerá unha exhibición de stunt, haberá postos de cervexa, polbo, empanada e a posibilidade de maquillarse e de cortar o pelo. Ás 15.30 horas, os pilotos Francisco Gómez Pallas e Borja Sánchez darán unha conferencia e, a continuación, soará a música de Frank Jiménez, Treboada Rock, Sabela Silva e o dei Techla.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Motos, música e gastronomía en Cambados a favor de GaliciAME