Unha vintena de negocios levan a moda outono inverno á pasarela do Salón Pena

b. c.

CAMBADOS

MONICA IRAGO

Será o domingo 25, nun desfile organizado pola asociación de comerciantes Zona Centro e o Concello de Cambados

18 novs 2018 . Actualizado ás 19:42 h.

Domingo 25 de novembro • 18 horas • Salón Pena • Entrada libre • A moda volve ao salón Pena de Cambados co cuarto desfile organizado pola asociación de comerciantes Zona Centro e o Concello. A cita seguirá o esquema de edicións anteriores, aínda que a experiencia é un grao e coidaranse máis detalles como o que afecta á iluminación da pasarela. «Queremos que cada vez o desfile sexa máis profesional», segundo apuntaba onte o presidente de Zona Centro, Juan Rey . Na iniciativa participan vinte e un negocios de roupa, calzado, moda náutica e deportiva, lencería, barberías, unha librería e unha florería. Sobre a pasarela desfilarán nenos e adultos, entre os cales haberá modelos semiprofesionales e afeccionados. Habilitarase un espazo de gardería, que atenderá a asociación TDH Salnés, e haberá unha sorpresa final relacionada coa celebración do Día contra a violencia machista, que coincide en 25 de novembro.

Desde o Concello e Zona Centro invitan os cambadeses a secundar esta convocatoria, que en anos anteriores encheu o salón Pena ata a bandeira.