Abal achaca o atraso nas licenzas a unha baixa laboral e á herdanza de Aragunde

La Voz CAMBADOS / LA VOZ CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

"A súa vagancia como político [en referencia a Aragunde] fixo que quedaran moitísimas obras por legalizar da súa etapa e fomos nós quen reforzou a área de Urbanismo para sacar todo este traballo adiante", sostén o edil de Pode

18 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O concelleiro de Obras de Cambados, José Ramón Abal, recoñece que a tramitación para a concesión de licenzas de obra acumula atraso, pero non comparte as críticas vertidas polo portavoz do PP, Luis Aragunde, neste sentido. «Sorprende o que di cando el sabe perfectamente que con nós empezou a aplicar a área de expansión, o cal aumentou nun 30 % o chan edificable nos núcleos rurais», indica o edil de Pode.

Abal xustifica a acumulación de expedientes en que agora hai máis carga de traballo e que os ritmos de tramitación retardáronse debido á baixa laboral da aparelladora e a que a nova secretaria é máis rigorosa á hora de informalos. Tamén á herdanza recibida do anterior goberno do PP, que, segundo sostén, deixou moito traballo por facer neste departamento.

«A súa vagancia como político [Aragunde] fixo que quedaran moitísimas obras por legalizar da súa etapa e fomos nós quen reforzou a área de Urbanismo para sacar todo este traballo adiante. Estamos a tope e traballando para regularizar a situación», segundo indicou José Ramón Abal.