Caldas insiste en crear unha fronte unida de alcaldes pola crise do río Umia

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

CAMBADOS

M.C.

O delegado da Xunta volveu reunirse onte cos rexedores de Cuntis e Moraña

12 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal (PSOE), declarou onte nos xulgados do municipio en calidade de investigada nas dilixencias abertas por mor da denuncia dun policía local, que a acusa de revelación de segredos ao sentirse aludido nunha publicación que a rexedora fixo nas redes sociais. Fátima Abal rexeitou onte facer valoracións por este asunto. foto Mónica irago

O alcalde de Caldas, o socialista Juan Manuel Rey, reuniu onte a representantes de varios concellos da conca do Umia, nunha reunión que tiña como obxectivo formar unha fronte de rexedores que esixise á Xunta unha actuación ambiental no Umia. Rey considera que a situación que viven o encoro da Baxe e o río en xeral como consecuencia da cianobacteria é insostible e que é urxente que Medio Ambiente e Augas de Galicia interveñan para unha solución que devolva uns parámetros óptimos ao ecosistema fluvial danado. A cita estábase levando a cabo á hora de peche desta edición e comezou sen que houbese representación de todos os concellos invitados polo executivo caldense.

A reunión deste martes debeuse a que ao Concello de Caldas non lle convenceron as explicacións de Tourís nun encontro co comité de urxencia polo Umia o luns. Unhas explicacións que o delegado da Xunta en Pontevedra reiterou onte aos rexedores de Cuntis e Moraña. Ambos lle pediron que se acometa a limpeza da franxa de monte expropiado en torno ao encoro da Baxe.