Abal di que Luis Aragunde é un vago e que só busca rifa

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

O concelleiro responde así ás críticas do PP tras abandonar a comisión de seguimento da Cidade Europea do Viño

24 sep 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Cambados decidiu abandonar a comisión de seguimento da Cidade Europea do Viño, e a súa postura non se quedou sen resposta. O presidente da devandita comisión e concelleira de Enoturismo, José Ramón Abal, cargou onte as tintas contra o portavoz popular, Luis Aragunde, chamándoo vago e reprochándolle que non teña feito xestións ante a Xunta para buscar financiamento para as actividades da Cidade do Viño. Abal fala de boicot do PP de Cambados e cualifica a súa postura de «erro histórico».

Na súa opinión, o PP hase retratado anunciando a súa renuncia a participar na comisión e demostra que o seu obxectivo é buscar a confrontación e a rifa. Fronte a iso, Abal anuncia que seguirá traballando por «completar un ano irrepetible para Cambados» e eloxia o respaldo recibido da mancomunidade.