A Illa impuxo 300 sancións este verán por circular e aparcar indebidamente nas praias

La Voz A Illa

A Illa de Arousa

MONICA IRAGO

O 80 % das multas corresponden a persoas chegadas de fóra do municipio

02 ago 2021 . Actualizado ás 21:12 h.

No Concello da Illa non están dispostos a dar tregua aos infractores ao volante. En o que vai de verán, a policía local impuxo 300 sancións por aparcar e circular en zonas prohibidas nas proximidades das praias. Segundo os datos que facilita o concelleiro Luis Arousa, destas, o 80 % corresponden a persoas de fóra do municipio.