O Concello da Illa súmase ás protestas polo recorte de profesores no instituto

La Voz A Illa

A Illa de Arousa

MONICA IRAGO

A comunidade escolar afirma que dos 27 docentes actuais pasarase a 22 o próximo curso

27 jul 2021 . Actualizado ás 15:58 h.

O Concello da Illa suma a súa voz á do ANPA do instituto para manifestar a súa desconformidade coa decisión de Educación de reducir o número de profesores do centro para o próximo curso, pasando de 27 docentes a 22, «cunha primeira intención de deixar a plantilla en vinte por parte da Xunta». Antes da pandemia había 23 profesores e no Concello cualifican de sorprendente que se recorte o número de profesionais por baixo desa cifra, máxime cando carecen da praza de profesor de Pedagoxía Terapéutica.

«Consideramos que o servizo público, e dereito fundamental á educación se ven seriamente danados en este caso e quemos manifestar que os nosos estudiantes e o noso centro non son de segunda categoría e merecen unha plantilla de profesorado completa e axeitada á dimensión e ratios legais do instituto, cousa que lle esiximos á consellería de Educación encarecidamente. A estas alturas non podemos estar sin coñecer cal vai a ser a plantilla definitiva para o curso que vén», sinalan Concello e ANPA vía comunicado.