Unha colisión entre dous coches na ponte de A Illa sáldase sen feridos

M. A. REDACCIÓN / LA VOZ

A Illa de Arousa

Un dos turismos implicados invadiu o carril contrario e chocou lateralmente contra outro vehículo

26 ene 2020 . Actualizado ás 20:57 h.

Os efectivos de Protección Civil de Cambados tiveron que intervir nunha colisión entre dous vehículos que se rexistrou ao redor das sete e media da tarde na ponte da Illa. Ao parecer, a un dos condutores fóiselle o coche co vento e, por non chocar contra os pivotes que separan a zona dos peóns, deu un volantazo que o levou a invadir o carril contrario. Por aí circulaba outro vehículo co que chocou lateralmente. Por fortuna, informa Protección Civil de Cambados, non houbo que lamentar feridos.