Marcos abre o triunfo insular ante o seu par na portería do Somozas

La Voz

A Illa de Arousa

MONICA IRAGO

O gardameta do Céltiga subiu o 1-0 ao marcador batendo ao seu homólogo no equipo rival desde os once metros

18 abr 2019 . Actualizado ás 23:24 h.

O Céltiga colleu aire na súa loita pola permanencia cun triunfo sobre o Somozas aberto da forma máis inusual. Co porteiro insular, Marcos, substituíndo ao sancionado Jacobo como lanzador do penalti que no minuto 27 un defensor visitante facía sobre a carreira de Igor Sevivas nunha internada por banda esquerda.

Os de Javi Rey movéronse con soltura na súa presión alta e roubo en zona de perigo, xerando varias ocasións de gol. O Somozas rozou o empate no 70 cun balón á madeira, pero o Céltiga sentenciou no 90.

FICHA DO PARTIDO:

CÉLTIGA (2): Marcos, Nico, Santi, Sebas, Nico Manteiga, Capi, Álex Fernández (Juanín, min 79), Javi (Diego Lamas, min 65), Javi Ben (Edu Otero, min 58), Sergio Santos e Igor Sevivas

SOMOZAS (0): Manu Cedrón, David Antón, Marcos, Antón, Amat, Juan Martínez (Daniel, min 4), Julián (Alberto, min 78), Gonzalo, Nuño, Gerardo (Álex Díaz, min 75) e Uzal

Goles: 1-0, min 27: Marcos (de penalti). 2-0, min 90: Diego Lamas. 

Árbitro e cartóns: Rodrigo García (A Coruña). Amoestou aos locais Sebas, Santi e Sergio Santos, e ao visitante Marcos.