O pleno da Illa pide a dimisión do conselleiro de Sanidade

Bea Costa
Bea Costa A Illa

A Illa de Arousa

MARTINA MISER

O acordo adoptouse cos votos a favor do PSOE e o BNG e en contra do PP

18 ene 2019 . Actualizado ás 13:58 h.

Tal e como se agardaba, o pleno da Illa aprobou onte á noite unha moción pola que se critica a calidade da asistencia sanitaria que se está dispensando nos centros de saúde da comarca, tamén no das Laxes. A instancias do PSOE votouse unha moción pola que se pide a dimisión do conselleiro, entre outros cargos de Sanidade, que saíu adiante cos votos socialistas e da concelleira do BNG. O PP votou en contra. O debate sobre os servizos sanitarios coincide no tempo coa campaña de recollida de firmas que emprenderon o Concello da Illa e o de Ribadumia en relación ás deficiencias no servizo de pediatría.