Tras a estrela, xa asoman os Reis

A Illa de Arousa

MONICA IRAGO

Xa están Melchor, Gaspar e Baltasar a piques de desembarcar en Arousa

05 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa están Melchor, Gaspar e Baltasar a piques de desembarcar en Arousa, onde esta tarde protagonizarán multitudinarias cabalgatas.

Vilagarcía

Á capital arousá chegarán á primeira hora da tarde, para dirixirse primeiro á residencia Divina Pastora (16.30). Logo tomaranse un descanso no auditorio, de onde sairá a cabalgata ás 19 horas. O percorrido é o de costume, con final en Ravella. O domingo, os Reis presidirán a misa de once de Santa Eulalia.

Cambados

A marcha real partirá ás cinco da tarde das escalinatas de San Tomei e rematará en Fefiñáns. Pero Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán pola mañá a Cambados, (11.30 horas), ao Concello, subidos nuns coches clásicos.

O Grove

A cabalgata partirá ás seis da tarde do colexio Valle-Inclán e finalizará na praza do Corgo, onde As súas Maxestades se dirixirán ao público.

Vilanova

O helicóptero será o medio de transporte que permitirá aos Reis visitar Vilanova. Chegarán ás catro e media ao Cabo, e tras facer un percorrido en tren polas parroquias, ás seis encabezarán a cabalgata.

A Illa

As súas Maxestades sairán, dacabalo, das Laxes. Ás cinco da tarde.

Ribadumia

O desfile partirá ás catro do auditorio e percorrerá as parroquias.

Meis

Os Reis pairan pola mañá (10.30 horas) no pavillón de Meis, onde celebrarán unha festa.

Valga

Melchor e compaña chegarán ás 14.30 horas e percorrerán as estradas en tren. Ás seis haberá talleres infantís e ás sete, recepción oficial no Concello.

Pontecesures

As súas Maxestades chegarán ao porto ás cinco. O fin de festa, na Plazuela.

Catoira

A cabalgata sairá ás seis da alameda. Chegará ao pavillón.

Primeira parada, en Vilanova. A Vilagarcía chegou un comando de paxes reais pola tarde. Pola mañá, algúns dos seus compañeiros desprazáronse ata Vilanova de Arousa. Alí, ás portas do Concello, os axudantes de Melchor, Gaspar e Baltasar conxuraban o frío da mañá coa calor dos máis pequenos. Estes, a falta de agasallos, levaron a casa uns caramelos. Hoxe chegan os Reis; e a Vilanova arriban voando.