O marisco segue reinando nas mesas da Illa

b. c.

A Illa de Arousa

16 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o • domingo No paseo marítimo do Cantiño (A Illa) • Mexillóns ao vapor, en empanada e en salsa, camaróns, polbo, zamburiñas, ameixas, nécoras... A mariscada é completa, e a prezos populares. É a proposta que un ano máis fai a Festa Gastronómica do Mar que se celebra na Illa. Como é habitual, este tipo de citas gastronómicas están organizadas por un club deportivo do municipio co fin de recadar fondos. Nesta ocasión é a quenda do Céltiga, que está a contar co clima cun bo aliado para encher as mesas dispostas no paseo do Cantiño. A cociña abre ao mediodía e á tardiña. Quedan catro días por diante para saciarse de sabores a mar.