Solidariedade e música dende a terraza de Martín Códax

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Depedro e Eladio y los Seres ofrecéronlle onte unha velada íntima ao público da adega cambadesa

18 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O ciclo de música e solidariedade Os Xoves de Códax arrincou este xoves cun cheo absoluto na terraza da adega cambadesa. Coa ría e O Salnés de fondo, Depedro e Eladio y los Seres Queridos ofrecéronlle ao público unha velada íntima, cálida e chea de honestidade musical. Os cartos recadados nesta ocasión irán integramente destinados a ACOUGO, Asociación galega de familias de acollida, una entidade que traballa en Galicia para garantir o dereito das crianzas a crecer nunha contorna familiar segura e afectiva. Dende a súa creación, o ciclo desenvolvido por Martín Códax apostou por vincular cada concerto cun proxecto social diferente, colaborando xa con máis de 40 entidades sociais e recadando máis de 270.000 euros.