O Concello reacondiciona tres carreiros na zona rural de San Vicente

La Voz O Grove / LA VOZ

AROUSA

cedida

Trátase da zona de baixada á praia de Castiñeiras, na zona de Couprins; o camiño de baixada a Carrelas, que conecta San Vicente centro coa praia de Area Grande e Piñeirón, e o camiño de Río Seco, en Reboredo

06 feb 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos e varios concelleiros comprobaron onte de primeira man o reacondicionamiento realizado en varios camiños do rural de San Vicente. Unha actuación na que se investiron a 42.000 euros, e que se financia case na súa totalidade grazas ao proxecto AGADER, que achega un 80% do orzamento.

Os traballos consistiron na recuperación e sinalización de camiños que estaban intransitables. Trátase da zona de baixada á praia de Castiñeiras, na zona de Couprins; o camiño de baixada a Carrelas, que conecta San Vicente centro coa praia de Area Grande e Piñeirón, e o camiño de Río Seco, en Reboredo. O executivo mostrábase moi satisfeito co resultado e aseguraba que continuarán traballando nesta liña.