Concentración na Illa ante a falta de pediatras

La Voz A Illa / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

A mobilización foi convocada polo BNG ante as carencias dos centros de saúde de Meis, Meaño, Ribadumia e A Illa

29 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Un bo número de persoas secundaron onte a concentración que o BNG convocara na Illa en protesta pola falta de pediatras en varios centros de saúde da comarca. Esta carencia obriga ás familias dos pequenos insulares, pero tamén ás de Ribadumia, Meis e Meaño, a acudir ao médico a Cambados ou a Portonovo.