Baión queda sen médico en agosto, e Gonzalo Durán, sen vestir bátaa branca

b. c. VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

Centro de salud de Baión
Centro de saúde de Baión MARTINA MISER

Os usuarios das instalacións terán que trasladarse ao centro de saúde de Vilanova para recibir atención

03 ago 2021 . Actualizado ás 19:12 h.

Tal e como cabía agardar, o centro de saúde de Baión (Vilanova) se que quedou sen médico este mes. O titular está de vacacións e o Sergas non dispón de persoal para substituílo. Alegan desde a Xunta que hai concellos en peor situación desde o punto de vista asistencial, de modo que os veciños de Baión terán que desprazarse en agosto ao centro de saúde do pobo para poder ser atendidos.

O alcalde, Gonzalo Durán, di que comprende o problema co que se atopa a Consellería de Sanidade á hora de cubrir as prazas de médicos, pero tamén opina que debería preverse e actuado en consecuencia. «Isto víase vir porque non hai médicos, é algo que terá que resolver o ministerio ou quen sexa. Hai que buscar unha solución, porque isto vai ir a peor», sinala.

O rexedor, médico de profesión, ofreceuse para cubrir esta praza en agosto, mesmo sen cobrar, pero a súa demanda caeu en saco roto.