Que facer hoxe en Arousa?

La Voz

AROUSA

CEDIDA

Os concertos do Albariño acadan hoxe a súa cima coa actuación de Novidades Carminha na praza de Fefiñáns, mentres que a música tamén soará en Catoira co grupo Milladoiro e na Arrocería A Lanzada co concerto da orquestra Os Player's.

31 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Entre a oferta cultural que ofrece Arousa este sábado 31 de xullo, destaca o concerto do cuarteto santiagués Novidades Carminha,incluído dentro da programación da LXIX Festa do Albariño. A oferta musical do Salnés esténdese a Catoira, co concerto de Milladoiro diante da Casa do Concello. Ademais, Vilagarcía amplía a súa oferta cultural cunha mini feira de arte e produto de autor que estará dispoñible durante todo o mes de agosto. Citar tamén que hoxe é o último día para poder gozar do polbo nas festas de Santa Marta en Vilanova.

Novidades Carminha na praza de Fefiñáns

SANDRA ALONSO

Tras as actuacións de Xabier Díaz, Anxo Stanich e Ptazeta, o recito da praza de Fefiñáns abre hoxe as súas portas ás 20.30 horas ao concerto do grupo santaiagués que o está rebentando no panorama nacional, Novidades Carminha. Os seus temas como Verbena ou Che quero igual, superan o millón de visualizaciones en Youtube. A pesar de que as entradas para o día de hoxe xa están esgotadas, pódense adquirir as invitacións para as próximas actuacións en pazo de Torrado ata media hora antes do concerto en horario de 11.30 a 13.30 e de 18 a 21 horas.

ONDE: PRAZA DE FEFIÑÁNS I CAMBADOS

A Qué HORAS: 20.30

Concerto de Milladoiro pola Viquinga

MONICA IRAGO

La Romería Viquinga mantén a chama viva. Así pois, ás dez da noite ten lugar unha cita moi especial ante a casa do Concello coa actuación de Milladoiro , un grupo que non necesita presentación xa que é unha referencia clásica cando se fala de música tradicional galega. O concerto é gratuíto, pero será necesario reservar algunha das 300 prazas dispoñibles, ben o a biblioteca, ou ben na web de concello.

ONDE: DIANTE DA CASA DO CONCELLO I CATOIRA

A Qué HORAS: 22.00

Música en directo na Arrocería A Lanzada

MONICA IRAGO

Ademais de gozar dunhas vistas ao Atlántico e de poder gozar da súa variada carta, a arrocería acolle esta noite ás 21.30 horas o concerto polo sesenta aniversario da orquestra Player´s, unha das poucas verbenas que se poderán celebrar este ano en Galicia.

ONDE: ARROCERÍA A Lanzada I O Grove

A Qué HORAS: 21.30

Arte en directo en Vilagarcía

Martina Miser

O Espazo de Arte Cris S-Villegas, situado na Avenida Doutor Moureira Casa, abre hoxe as súas portas para acoller unha mini feira de arte e produto de autor. Ademais de contemplar a exposición, no día terá lugar unha demostración de acuarela en directo. Para acudir será necesario reserva cita, e pódese visitar de 11 a 13 e de 19 a 21 horas. 

ONDE: ESPAZO DE ARTE CRIS S-VILLEGAS I VILAGARCÍA

A Qué HORAS: MAÑÁ E TARDE

Polbo por Santa Marta

MONICA IRAGO

As festas de Santa Marta chegan ao seu final no día de hoxe en Pontearnelas, unha celebración que na comarca do Salnés ten gran tradición, tanto polo seu tirón gastronómico como pola devoción á santa. Así, celebrarase unha misa solemne ás 21 horas. A liturxia continúa na contorna da capela, onde os asistentes terán a última oportunidade para gozar do prato estrela: o polbo

ONDE: PONTEARNELAS

A Qué HORAS: MAÑÁ E TARDE