O martes comezan as sesións de teatro en Catoira

AROUSA

MONICA IRAGO

O municipio mergúllase esta semana nas celebracións previas á Romaría Viquinga

26 jul 2021 . Actualizado ás 20:21 h.

Catoira quenta motores para a súa Romaría Viquinga, que se celebrará o primeiro domingo de agosto, como manda a tradición. Nesta ocasión, e debido á pandemia, os viquingos non tomarán terra nas Torres de Oeste, aínda que si haberá outras actividades, como concertos e sesións de teatro. Estas comezarán mañá martes.

A Semana de Teatro traerá este ano a representación da obra «El-Rei Snie». A escola municipal Úrsula Teatro de Catoira preparou unha adaptación da peza que o grupo danés Vikingespil -composto por 200 veciños de Frederikssund, Dinamarca- representou en 1993 en Catoira, inaugurando a Semana de Teatro Romaría Viquinga de entón. Agora, haberá unha nova oportunidade de ver esta obra.

Martes, mércores e xoves • 22.00 horas • Torres de Oeste •