Cambados e Vilagarcía buscan un billete á fase de ascenso

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O San Tomei acolle a última concentración do grupo División de Honra

08 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O pavillón do colexio San Tomei de Cambados é esta fin de semana o escenario da última concentración do Grupo 1 da División de Honra. Unha cita á que o Cambados T.M. chega segundo con 6 puntos, a 3 dun Milagrosa que xa asegurou un dos tres billetes para a fase de ascenso e co Vilagarcía T.M. pechacancelas con 4. Estes son os partidos dos equipos arousáns: Cambados-Narón (11 horas) e Cambados-Vilagarcía (17.30), hoxe; e Cambados-Milagrosa e Pontevedra-Vilagarcía (mañá, 11 horas).