Cambados celebrará o Día do libro cun concurso de contos

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

As obras poderán presentarse ata o 7 de maio

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Cambados deseñou un programa de actos para celebrar o Día do Libro, que se conmemora o próximo 23. A concellaría de Cultura, que dirixe Tino Cordal, organiza o concurso Tes un Conto, que pretende crear un libro de relatos curtos en galego. Na súa elaboración poderán participar os nenos que así o desexen, que deben redactar as súas historias cunha extensión de entre dúas e catro páxinas e incluír as seguintes palabras: brétema, fogar, mariñeiro, morriña, toxo e vermello. O prazo para presentar as obras remata o próximo 7 de maio.

Ao mesmo tempo, os xardíns da biblioteca Luís Rei acollerán, o próximo día 23, uns talleres artísticos saudables dirixidos a nenos de entre 5 e 11 anos. Impartiranse leccións de globoflexia, papiroflexia e os xogos da oca e o parchís predeportivos. Para poder participar nestas actividades hai que inscribirse na biblioteca antes do próximo día 21.