Os socialistas e a memoria da Segunda República

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

A agrupación do PSdeG-PSOE de Vilagarcía converteu nunha tradición a homenaxe floral cada 14 de abril

15 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Onte cumpríronse noventa anos da proclamación da Segunda República tras unhas eleccións cuxos resultados moveron a Alfonso XIII a encamiñarse ao exilio, abrindo de forma pacífica unha paréntese democrática que o golpe encabezado por Francisco Franco cernou ao cabo de tres anos de cruenta Guerra Civil para instaurar a máis duradeira das ditaduras militares que Occidente coñeceu no século XX. Os socialistas de Vilagarcía converteron nunha tradición a homenaxe floral que cada 14 de abril dispensan á República e ás vítimas da represión franquista na escultura Rosas Rotas, de Chazo.