Colas no centro de saúde de Cambados para a vacinación dos maiores de 80 anos

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Queixas dos usuarios e dos seus familiares, que botan de menos ter sequera un lugar para sentarse

03 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

«Non creo que sexa este o mellor xeito de tratar os nosos maiores, porque non hai nin sequera unhas cadeiras para que poidan sentarse mentres fan cola». Esta queixa, da filla dun home de oitenta anos, que onte fora convocado para recibir a primeira dose da vacúa fronte ao coronavirus, repetíase onte no exterior do centro de saúde de Cambados.

O proceso de vacinación, lamentan os seus usuarios, está a levarse a cabo sen que se pensou na avanzada idade do colectivo que está a recibir esta inoculación inicial. «Menos mal que polo menos non chove, porque, se non, xa me dirá vostede como podería estar toda esta xente aquí fóra, á intemperie», engade a muller. Quen agardaban ás portas das instalacións botaban de menos a presenza de, tan sequera, algunhas cadeiras nas que os maiores de oitenta anos puidesen repousar mentres agardaban a súa quenda. E subliñaban a idoneidade dalgunha forma de protección fronte ás inclemencias do tempo.