Dezaoito denuncias covid deixaron os controis da fin de semana en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O Concello solicitou a incorporación de catro auxiliares de policía para dar cobertura ás novas tarefas que trae consigo o estado de alarma

20 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A primeira fin de semana de restricións máximas do covid en Vilagarcía foi tamén unha fin de semana de especial vixilancia das forzas de seguridade, que controlaron os accesos á cidade en varios lugares e tamén que se gardasen as distintas medidas que entraron en vigor. E o control hase saldado coa presentación de 18 denuncias por todo tipo de incumprimentos.

O novo horario do toque de queda estreouse o pasado venres e entre o venres e o domingo a Policía Local cursou denuncia contra nove persoas que estaban na rúa máis aló desa hora sen que houbese ningún tipo de xustificación. Foro tes o venres e seis o sábado.

En canto aos controis establecidos para vixiar o peche perimetral deron como resultado a presentación de sete denuncias por saltarllo tamén sen causa xustificada. Neste caso, sucederon una o venres, dous o sábado e catro o domingo.

Exceso de horario

Para rematar, durante a pasada fin de semana denunciouse en dúas ocasións a un establecemento comercial por permanecer aberto máis aló do horario de peche que está establecido. A primeira infracción sucedeu o venres e a segunda ao día seguinte, polo que a Policía Local cursou senllas denuncias.

Doutra banda, o Concello de Vilagarcía solicitou a incorporación de catro auxiliares de policía para dar cobertura ás novas tarefas que trae consigo o estado de alarma. O acordo foi remitido pola xunta de goberno local e foi remitido á Axencia Galega de Seguridade Pública para que envíe axentes que forman parte da súa bolsa de profesionais que xa superou próbalas pertinentes. A decisión de Ravella xusto cando acabou a ampliación dos contratos que se realizou aos oito policías que se contrataron par á tempada de verán.