Os alumnos do San Francisco recolleron xa 649 quilogramos de alimentos para doar a Cáritas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O obxectivo da súa campaña, que prosegue ata o día 17, é reunir unha tonelada de produtos solidarios

02 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os alumnos do colexio San Francisco recolleron xa 649 quilogramos para doar a Cáritas Vilagarcía. O reto que se propuxeron este ano era o de chegar a conseguir unha tonelada e xa lles falta para menos para logralo, nunha iniciativa que concluirá o día 17 de decembro. Desde que arrincou, a principios do mes de novembro, os rapaces han ir levando ao centro escolar distintos produtos, en función do que se programou para esa semana.

Á marxe do que os alumnos acheguen no colexio, calquera cidadán poida colaborar coa iniciativa, posto que desde o centro escolar instaláronse varios puntos de recollida en diferente establecementos comerciais de Vilagarcía. Así, no supermercado Gadis da praza da Independencia hai xa varios carros nos que se poden deixar os alimentos e tamén se pode facer no café bar A Perla (rúa Ramón e Cajal), Xeira Inmobiliaria (rúa Arcebispo Andrade), Elegante Home (avenida da Mariña), Valiñas (rúa Arcebispo Lago), Corredores do Noroeste (Avenida Doutor Tourón) e Seguros A Fe (rúa Covadonga)