Os alumnos do CEIP Coirón plantan unha vintena de árbores nos Pasales

Antonio Garrido Viñas
Antonio garrido MEAÑO / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Os exemplares creceron no viveiro que ten o colexio de Dena

05 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os alumnos de sexto de primaria do colexio de Coirón, en Meaño, gozaron onte dunha xornada moi especial. Foi, en realidade, o punto e seguido ao seu proxecto de Voz Natura, proxecto que xa comezara hai tempo. A actividade consistiu en levar unha vintena das árbores que coidaron durante os dous últimos anos no sementeiro, para plantalos no parque dos Pasales.

Foron os propios alumnos os que se encargaron de trasladar os exemplares, carballos e avellanos, desde o colexio ata o lugar onde foron plantados. Contaron para a tarefa coa axuda tanto do concello como dos profesores. Os funcionarios municipais encargáronse de facer os buracos no parque, tarefa esta que suporía un esforzo demasiado importante para os rapaces. En canto aos mestres, foron eles quen sacaron ás árbores do lugar onde pasaron os últimos meses, xa que as raíces xa colleran moita forza e o labor non era nada sinxela de realizar. O demais foi cousa dos rapaces, que se encargaron de colocalos no seu sitio e de vixiar que todo quedase do mellor xeito.

Non será a última vez que os alumnos do colexio de Coirón váianse ver inmersos en tarefa semellante posto que o sementeiro garda aínda máis exemplares para repoboar o parque ou tamén algunha das rutas de sendeirismo próximas. En todo caso, será unha tarefa para os alumnos que estean no centro meañés o próximo curso. A estes tocaralles vixiar que os vinte que onte plantaron crecen sen maiores problemas. E tocaralles tamén gozar deles, que non é mala tarefa tampouco.

No cole de Coirón son uns namorados das árbores e, así por exemplo, neste curso, e segundo contan no seu blogue, xa plantaron tamén varios exemplares no seu patio de moitas especies distintas: liquidambar, potinias, liriodendron, jacaranda, albizia, ginko biloba e moreira, Nada menos.

Ademais, recentemente, o equipo de profesores que coordina Voz Natura no centro retomou o concurso-exposición Como eliminar ou reducir os plásticos nas nosas vidas, que tiveron que suspender o curso pasado, e ademais con premio para todos os alumnos do colexio que participaron nel.