O dono de Frinsa di que volve apoiar o AF7

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

«Despois de 17 ó 18 anos apoiándoo -en referencia ao Arousa Fútbol 7-, non o podo deixar na estacada», declarou Ramiro Carregal na sede do Arousa

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Na súa longa e distendida intervención, o propietario de Frinsa desvelou a súa decisión de volver apoiar o Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7. Un campionato do que a súa conserveira foi o principal baluarte económico durante boa parte das súas 23 primeiras edicións, ata que a decisión dos seus responsables de deixar Vilagarcía para marchar a Ribadumia polas súas fortes discrepancias co goberno local de Alberto Varela motivou a saída de Frinsa da lista de patrocinadores do AF7 o ano pasado. «Despois de 17 ó 18 anos apoiándoo -en referencia ao Arousa Fútbol 7-, non o podo deixar na estacada», declarou Ramiro Carregal na sede do Arousa, non sen volver deixar claro que «non me gustou o que fixeron», por entender que o AF7 «é de Vilagarcía».