O Concello apoiou o plan madruga de seis asociacións de pais

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A administración local achegou 4.620 euros para o desenvolvemento do servizo

25 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Na súa aposta por facilitar a conciliación familiar, o Concello de Vilagarcía mantén unha liña de axudas destinadas ao plan madruga. Ravella colaborou o ano pasado con seis asociacións de nais e pais de alumnos do municipio, achegando unha suma de 4.620 euros para o seu desenvolvemento.

Esta iniciativa permite que as familias deixen aos seus nenos nos centros educativos antes de que comece o horario lectivo, favorecendo así a súa acomodación ao horario laboral. Na primeira quenda do 2019, o Concello subvencionou os plans das asociacións de Arealonga, Vagalume, Doutor Fléming, A Lomba e A Escardia. Na segunda quenda, de setembro a decembro, todas as AMPA mantiveron as súas solicitudes fóra da da Escardia.