Despedida a Manuel Sineiro

La Voz CAMBADOS

AROUSA

cedida

Políticos e traballadores do Concello de Cambados rendéronlle homenaxe pola súa xubilación

17 ene 2020 . Actualizado ás 15:10 h.

Políticos e traballadores do Concello de Cambados despediron este mediodía ao que fose o encargado do departamento de Obras e Servizos, Manuel Sineiro. Despois de tres décadas chegou a hora de xubilarse e de iniciar unha nova etapa.

Di que o proxecto do que se sente máis orgulloso é o da ponte de San Sadurniño. Desde hoxe pode colocar na súa vitrina unha escultura que reproduce a Torre, xentileza do Concello de Cambados.