Rescatan a unha muller atrapada no balcón, cuxo bebé estaba só na casa

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

07 dic 2019 . Actualizado ás 10:16 h.

Pasada únaa da tarde, a base do GES de Valga recibía unha alerta. Na zona de Ponche Valga , preto do Concello, unha muller quedara atrapada no balcón do seu piso. A porta habíase pechado tras ela e deixouna alí confinada, coa angustia de saber que o seu fillo, un bebé de dous anos, estaba só no interior da vivenda.

Os efectivos do GES enseguida desprazáronse ao lugar e intentaron abrir a porta do piso. Pero a chave estaba colocada por dentro e non puideron completar a operación. Así que, finalmente, tiveron que romper o cristal dunha fiestra para coarse na vivenda e proceder a abrir a porta do balcón. A aventura rematouse despois de quince minutos de nervios .