O IES Bouza Brey, premiado na xornada de difusión Erasmus+

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Rubén Román, alumno do ciclo de grao medio de técnico deportivo de baloncesto, recibiu unha mención especial pola súa mobilidade dun mes a Suecia como exemplo a nivel nacional dos ensinos deportivos dentro da FP

05 dic 2019 . Actualizado ás 12:10 h.

O IES Fermín Bouza Brey recibiu un recoñecemento polo seu proxecto K11 Endeauto 19 na xornada anual de difusión Erasmus+, que se celebrou no Teatro Real de Madrid. Rubén Román, alumno do ciclo de grao medio de técnico deportivo de baloncesto, recibiu unha mención especial pola súa mobilidade dun mes a Suecia como exemplo a nivel nacional dos ensinos deportivos dentro da FP.

O centro vilagarcián está xa inmerso en solicitude de novos proxectos para grao medio e superior de FP, así como educación escolar para ESO e Bacharel de cara a futuros anos. Ademais, está a estudarse a redacción de nova modalidade Erasmus + K2 con clubs de baloncesto da Unión Europea.